Ruta Marina Tui
邻近 Tui, Galicia (España)
浏览次数: 29次 , 下载次数: 0次
路线照片



行程描述
O terreo presenta pouco desnivel, e apenas hai dificultades no pavimento. Ademais, exisiten numerosas zonas onde descansar, e ten unha lonxitude de 1,5Km (ida)
Trátase polo tanto dunha ruta lineal de dificultade fácil.
Realizamos a ruta un grupo de persoas usuarias de cadeira de rodas manuais, e con dificultades na marcha, usuarias de andador, bastóns ou que precisan descansar con frecuencia.
路线点



aparcamento
Iniciamos a ruta nesta zona de aparcamento, situada ao lado da Marina, e xunto áo embarcadoiro. Trátase de unha zona con terreo adoquinado e de terra, no que non se atopa ningunha praza reservada a persoas con mobilidade reducida.


pavimento
durante só uns metros atopamos badoquiña que se atopa en boas condicións que rapidamente se sustutiu por maderia.



paseo madeira.
A ruta continúa cunha pista de madeira tamén en boas condicións. está lixeiramente elevada do chan, polo que non hai zonas de descanso, as cales si aparecen uns metros mais adiante. xusto ao comezo hai unha fonte de auga potable, con billa para beber para persoas e para animais. se vas en cadeira de rodas, lamentablemente non é accesible. Neste zona tamén se atopa o pantalán e un pequeno parque infantil que, ainda que conta con rampa de acceso, ten un chan de area, o que imposibilita entrar con cadeiras de rodas ou andadores.



Praza
Chegamos a unha praza de pedra. Nela atoparás bancos, unha fonte, que tampouco é accesible en cadeira de rodas, e unhas escaleiras que conectan coa "zona vella". a partir de esta escaleira, poderás apreciar os restos da antiga muralla.



paseo mandeira
Retomamos o paso de madeira que continúa, en boas condicións. Neste tramo, hai algun banco pero de dificil acceso, xa que habería que baixar do paseo.


merendero
Xusto ao final do tramo de madeira, atópase un merendeiro con mesas e bancos de pedra. Aínda que é posible acceder con caderia de rodas (a traves dunha pequena rampa con bastante pendente), o acceso as mesas non é moi bo, xa que estas son moi anchas e apenas collen as pernas sentados nin dende a nosa cadeira nin dende os seus propios bancos.

parque
tamén comeza aquí o Parque de O penedo, con unha tirolina e un tobagan. O parque continúa unha vez subimos a seguinte pendente.


PENDENTE
O punto mais crítico da ruta é este. Atopamos unha subida dificil, cunha pendiente moi pronunciada que se vas en caderia, precisarás axuda para superar.

Parquing
Aqui temos outra pequena zona de aparcamento con poucas prazas de aparcamento e sen ningunha praza reservada a mobilidade reducida



PARQUE DE O PENEDO
No parque de O penedo, atoparás unha zona accesible, con pavimentos de pedra e badoquiña. Conta cunha zona con máquinas de exercício físico, dous parques infantís, bancos, unha fonte, esta si accesible en cadeira de rodas. Tamén conta cun "chiringuito". Neste hai uns baños, pero non hai baño accesible e os que hai son de dificil acceso.



PARQUE DE O PENEDO
No parque tamén poderás desfrutar das vistas do rio Miño, diferentes zonas con bancos como a o columpio da "gaiola" que se ve nestas fotos. Tamén conta cunha zona de merendoiro. dende aquí o paseo continúa con chan de badoquiña, moi cómodo.


campo baloncesto
pasamos por unha cancha con canastras, pero cún acceso relativamente complicado cun par de escalóns.



paseo
O paseo continua a beira do miño, con zonas de herba e bancos en algúns puntos. Cruzaremos un pequeno rio por unha ponte totalmente accesible

vistas fortaleza de tui
se te das volta e miras atrás, poderás desfrutar tamén das vistas da catedral de tui.



paseo
Aparecen diferentes zonas de descanso ao longo do camiño. Tamén pasamos por un pequeno peirao "barco vikingo" que fai rutas dende Portugal polo rio Miño.



embarcadoiro
chegamos a unha nova zona, onde se atopan o club de piragüismo, o de remo, unha zona de gradas para ver as competicións ou desfutar das vistas da fortaleza de Valença. Parte do noso grupo rematou a ruta neste punto. O resto, continuamos ata a ponte internacional. é un tramo mais complicado, xa que o terreno é de terra, pero é practicable. Se queres facelo, terás que cambiar de acera antes da zona de aparcamento, xa que despois non hai baixada dende a zona de gradas.

aparcamento
en esta zona de aparcamento, SI contamos con unha praza reservada a persoas con mobilidade reducida.



tramo ata a ponte internacional.
este tramo é de terra. Ainda que aparece algún desperfecto por efecto da choiva, atópase nun estado practicable. Tamén debes ter en conta, algunha pendiente lixeiramente acentuada, que nos fixemos con axuda. O camiño segue indo a carón do Miño, e trátase de unha zona moito mais sombreada.


Ponte internacional
A ruta finaliza na parte inferior da ponte internacional antiga. Trátase dunha ponte centenaria, pola qu epasan peatóns, cohes, e o tren, e forma parte do Camiño de Santiago. Dende aquí hai unhas escaleiras que te permiten chegar a parte superior, pero non existen opcións accesibles, polo que a nosa ruta finaliza aquí.
评论 (0)