Boirinho
154 26 3
  • 的照片 Vilas-Rego do Salgueiro-As Cereixeiras-Pozas do Pedras-Vilas
  • 的照片 Vilas-Rego do Salgueiro-As Cereixeiras-Pozas do Pedras-Vilas
  • 的照片 Vilas-Rego do Salgueiro-As Cereixeiras-Pozas do Pedras-Vilas
  • 的照片 Vilas-Rego do Salgueiro-As Cereixeiras-Pozas do Pedras-Vilas
  • 的照片 Vilas-Rego do Salgueiro-As Cereixeiras-Pozas do Pedras-Vilas
  • 的照片 Vilas-Rego do Salgueiro-As Cereixeiras-Pozas do Pedras-Vilas

时间  2小时 24分钟

航迹点数 1513

上传日期 2016年10月13日

记录日期 十月 2016

-
-
373 m
96 m
0
1.8
3.7
7.34 km

浏览次数: 684次 , 下载次数: 7次

邻近 Aldeavella, Galicia (España)

Ruta de 7 kilómetros, saíndo e chegando á aldea de Vilas na parroquia de Santo Isidro de Postmarcos na Pobra do Caramiñal.
Non ten moita dificultade, o único salientable son a estreitez nalgúns puntos do camiño por mor das xestas e os toxos, ou algunha forte pendente, se ben, neste caso son costa abaixo.
Sairemos por un camiño que queda a nosa esquerda se imos pola estrada que vai ata Vilas dende a aldea de Armental. Se chegamos ata aquí no coche, podémolo deixar xusto onde comeza o camiño, uns metros antes de chegar a Vilas.
O comezo é por un camiño ancho en perfecto estado, e pronto chegaremos a unha pequena ponte (Km 0.31) que nos permite cruzar os Río do Salgueiro sen molla-los pés. Nalgúns mapas este río aparece como Rego da Fonte de Pedro Cabezo por chamarse así a fonte na que nace.
Seguimos polo camiño e aos pouco chegaremos a un cruzamento (Km 0.5) e nós deberemos seguir polo que vai pola dereita e iremos ata un punto de captación de auga (Km 0.72), onde haberá outro cruzamento de camiños no que deberemos de tirar polo do medio.
Pouco despois chegaremos á altura dun valado, que pasa por riba do camiño cun alame de espiños. Soe ter unha bolsa ou algo atado para que se vexa ben, xa que está a unha altura aproximada duns 1,60 metros.
Pouco a pouco imos gañando altura e o piñeiral vai desaparecendo por mor dalgún incendio. Chegamos a outro cruce que ademáis está sinalizado cunhas frechas laranxas, pero non as seguiremos, e iremos cara a grupiño de tres piñeiros (Km 1.58) que sobreviviron ao lume e despois seguiremos por ese camiño escoitando o son da auga que baixa rápida do monte por entre as pedras do leito do rego do Salgueiro.
Iremos agora por un camiño un tanto máis estreito, con algún toxo e algunha silva, pero tamén arborado e teremos que cruzar o río (Km 2), e tras facelo, iremos por un caminiño moi estreito, agora entre fieitos, que nos unirá ao camiño que indicaban as frechas laranxas e voltaremos a cruza-lo rego (Km 2.35).
Agora o camiño fai unha curva de ferradura e enfilamos pola mesma ladeira que viñamos ata aquí, aínda que máis alto, e mirando cara A Curota.
En canto desaparezan as árbores, teremos unhas vistas fermosísimas da ría de Arousa. Se o día non ten brétemas, poderemos ver perfectamente as illas de Arousa, a Rúa, Sálvora, Ons e as Cíes. Así como a península do Grove, Vilagarcía, Boiro, Rianxo... Paga a pena chegar ata aquí e deterse a contemplar a beleza da nosa ría.
Seguindo por este camiño flanqueado de toxos e xestas, chegaremos a unha pequena campa chamada as Cereixeiras (Km. 3.33; descoñezo se en outro tempo habría cereixeiras, agora non as hai), e pasaremos sen dificultade ningunha outro valado e iniciaremos xa o descenso, que nalgúns intres e moi empinado, pero por sorte o camiño está en perfecto estado e é máis ancho.
O descenso facerémolo principalmente por entre eucaliptos bastante novos, e algúnha que outra mimosa e algún piñeiro espallado.
Á altura do kilómetro 4,43, a nosa dereita sae un camiño que podemos coller para ir ata a parte alta das pozas do Río Pedras, aínda que estas a las que chegaremos están no Río Barbanza. Pasaremos por algún dos canais pola que antigamente ía a auga á pequena central hidroeléctrica da Misarela e chegaremos á poza coñecida como Pozo das Tuberías, por pasar por alí tuberías de auga. (Km 4,91).
Podemos dar por alí un pequeno paseíño, refrescarnos nas suas augas, e se non leva moita, incluso cruza-lo río e baixar pola outra beira do Pedras; pero se non é o caso, voltaremos polo camiño que chegamos ata aquí e daremos de novo á pista pola que baixabamos dende As Cereixeiras (Km 5.51)
A esta altura, monte abaixo queda a pequena e abandoada central hidroeléctrica á que me refería antes.
Seguimos baixando polo camiño, e pronto veremos Aldea Vella, no outro lado do río, e despois a pequena estrada que da a un chalet que hai nesta outra marxe e que ven dende Rio de Cestos. Antes de chegar a esta aldea, nós xiraremos a esquerda para voltar xa cara a Vilas (Km 6.25).
Chegaremos de novo á ponte que cruzaramos aos poucos de comeza-la ruta e pouco despois ao final da nosa ruta.`

DATOS DA RUTA:
Realizada: 12-10-2016
Distancia: 7 Kms.
Tempo empregado: 2:24:20
Tempo en movemento: 2:14:17
Altitude máxima: 357 m.
Altitude mínima: 114 m.
Desnivel positivo acumulado: 316 m.
Coordenadas inico e fin de ruta: 42º37'41.25"N e 8º56'26.71"W
LAP001

评论

    You can or this trail