时间  5小时 57分钟

航迹点数 793

上传日期 2018年1月12日

记录日期 十二月 2017

-
-
82 m
0 m
0
4.1
8.1
16.26 km

浏览次数: 337次 , 下载次数: 19次

邻近 Arou, Galicia (España)


Distancia percorrida: 15,8 km (05:57 h)
Tempo en movemento: 04:33 h
Velocidade media: 2,66 km/h
Vel. en Mov.: 3,47 km/h



Partimos de Arou facendo unha ruta lineal de ida e volta pola costa ata o Cemiterio dos ingleses. O tramo de case 8 km fica dividido en dous polo porto de Santa Mariña, ao que podemos acceder en coche se optamos por facela en dúas etapas.

O tramo Arou-porto de Santa Mariña bordea o litoral por praias, coídos e penedías de rocha viva nas que a erosión esculpiu monumentos de formas caprichosas nos canchais e os caos de bloques. Configurando un espazo pétreo de beleza sobrecolledora. Debemos andar con coidado nesta zona con dificultade técnica e, se nos demoramos moito nela, sempre podemos dar volta no porto de Santa Mariña, deixando para outra ocasión o Cemiterio dos ingleses. Pois este primeiro tramo ben merece ser gozado delongadamente. Mesmo podemos regresar desde o porto de Santa Mariña a Arou pola estrada que ascende á pista de terra que vén do cabo Vilán e o Cemiterio dos ingleses dando un rodeo (uns 7 km de volta a Arou).

Tras pasar o coído anterior e posterior ao porto de Santa Mariña, subiremos á duna rampante formada polas flutuacións do nivel do mar e o vento en épocas xeolóxicas remotas. Chegaremos a unha golada no penal do Veo cuberta de area a case 100 metros de altura. O contraste paisaxístico é brutal, divisando do outro lado toda a enseada do Trece e o Cemiterio dos ingleses. Un mundo de area con praias, cantos rodados e un complexo dunar extensísimo nun litoral dominado polos baixíos.

O mar bravo e os baixos desta costa deron lugar a numerosos naufraxios, entre eles o cruceiro da Mariña de Guerra Británica HMS "Serpent" o 10 de novembro de 1890. Dos seus 176 tripulantes só sobreviviron 3 e houbo 31 desaparecidos. 63 católicos e 79 anglicanos foron soterrados en recintos separados con entradas diferentes nunha cerimonia conxunta de consagración. Forma parte da Ruta europea de cemiterios singulares e é o único no mundo que pertence a un só barco. Tras o seu abandono, foi restaurado en 1990, xa sen diferenza de recintos segundo a relixión e mantendo unha parte interior para o Comandante e os oficiais e o resto para os demais tripulantes.

A súa singularidade é un atractivo máis para gozar deste enclave natural grandioso. Como tamén o é contemplar unha duna rampante de case 150 metros de altura. Ou ver na súa aba abundantes camariñas ou caramiñas, o arbusto en perigo de extinción que dá nome e irmanda na súa recuperación as vilas de Camariñas e A Póboa do Caramiñal.

View more external


Segmento 1: Arou-Cemiterio dos ingleses
Distancia percorrida: 7,8km (02:52 h)
Tempo en movemento: 02:16 h
Velocidade media: 2,73 km/h
Vel. en Mov.: 3,45 km/h

评论

    You can or this trail